IGNANA

Santiago de Compostela (Galicia)
Xornalista. Redactor de La Voz de Galicia. Licenciado en Xornalismo (Universidad Carlos III de Madrid, UC3M, e Universidade de Santiago de Compostela, USC). Licenciado en Pedagoxía (USC). Licenciado en Psicopedagoxía (USC). Máster de Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario (USC). Diplomado en Mestre-Educación Primaria (USC).

jueves, 30 de octubre de 2008

Adestramento dos nenos da escola de squash na pista de cristal de Área Central

Os alumnos e alumnas da Escola de Squash do Club Santiago estrearon nesta semana a pista de cristal de Área Central na que a vindeira semana se vai a desputar o torneo de squash do circuito mundial (PSA e WISPA). Antes deste torneo Concello de Santiago leváronse a cabo varios adestramentos dos nenos e nenas. Entre eles estaban Ignacio Calvo, Laura Valencia, Xurxo Codesido, Catuxa Codesido, Pascal Gómez...
Foi o primeiro acto que se celebrou con motivo do trofeo Concello de Santiago de squash, que gañou o compostelán Borja Golán, que realizou dous extraordinarios encontros en semifinais (perante o holandés Jan Anjema, primeiro cabeza de serie) e na final. O torneo foi seguido por moitísimo público no centro comercial compostelán. Tódalas autoridades da cidade, encabezadas polo alcalde Sánchez Bugallo, estiveron nos encontros finais.

No hay comentarios: