Alumnos e alumnas de Pedagoxía celebraron o acto de licenciatura no Salón Noble de Fonseca, nunha tarde moi emotiva e chea de boas lembranzas. Os padriños desta promoción 2004-2008 foron Mar Lorenzo Moledo e Antonio Rodríguez Martínez. Os alumnos Cristina Varela e o xornalista de La Voz de Galicia, Ignacio Calvo, foron os encargados de abrir o acto cun discurso cheo de anécdotas e lembranzas do longo aprendizaxe universitario (http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2008/05/25/0003_6848849.htm). Tamén interviron no acto, ademáis dos padriños, os vicedecanos Elena Fernández e Jesús Rodríguez. Entregáronse máis de setenta diplomas e ao longo de quince minutos espuxéronse as mellores fotos dos últimos catro cursos. Acompañando aos novos pedagogos estiveron algúns profesores da facultad de Ciencias da Educación, como Felipe Trillo, Lourdes Montero, Antonio Caride, Andrés Suárez e Xulio Rodríguez. Qué ben o pasaron logo na cea... con barra libre. Que llo pregunten ás Cris, Henar, ás Lauras, Alejandra, Goretti, Saúl, ás Marías, Nuria, Alberto, etcétera. Non sigo, que me perdo.
IGNANA
- ignacio.calvo@lavoz.es
- Santiago de Compostela (Galicia)
- Xornalista. Redactor de La Voz de Galicia. Licenciado en Xornalismo (Universidad Carlos III de Madrid, UC3M, e Universidade de Santiago de Compostela, USC). Licenciado en Pedagoxía (USC). Licenciado en Psicopedagoxía (USC). Máster de Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario (USC). Diplomado en Mestre-Educación Primaria (USC).
sábado, 24 de mayo de 2008
A celebración do acto de licenciatura de Pedagoxía 2004 - 2008 foi en Fonseca
Alumnos e alumnas de Pedagoxía celebraron o acto de licenciatura no Salón Noble de Fonseca, nunha tarde moi emotiva e chea de boas lembranzas. Os padriños desta promoción 2004-2008 foron Mar Lorenzo Moledo e Antonio Rodríguez Martínez. Os alumnos Cristina Varela e o xornalista de La Voz de Galicia, Ignacio Calvo, foron os encargados de abrir o acto cun discurso cheo de anécdotas e lembranzas do longo aprendizaxe universitario (http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2008/05/25/0003_6848849.htm). Tamén interviron no acto, ademáis dos padriños, os vicedecanos Elena Fernández e Jesús Rodríguez. Entregáronse máis de setenta diplomas e ao longo de quince minutos espuxéronse as mellores fotos dos últimos catro cursos. Acompañando aos novos pedagogos estiveron algúns profesores da facultad de Ciencias da Educación, como Felipe Trillo, Lourdes Montero, Antonio Caride, Andrés Suárez e Xulio Rodríguez. Qué ben o pasaron logo na cea... con barra libre. Que llo pregunten ás Cris, Henar, ás Lauras, Alejandra, Goretti, Saúl, ás Marías, Nuria, Alberto, etcétera. Non sigo, que me perdo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario